Guzmán Falcón, Alba (2003-)

Xoaniña de Deus / Alba Guzmán Falcón - 2ª ed. xaneiro 2023 - Vigo : Xerais , 2023 - 124 p. ; 22 cm - Redes Xerais ; 1 .

I Premio Xuventude Crea de Novela Curta 2021

Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade. Unhas desconcertantes tatuaxes gravadas na pel e un vello diario con tapas de coiro negro son o facho que alumea os seus pasos, as pegadas que lle permiten regresar ao pasado para percorrer un tortuoso camiño ata chegar a un inesperado final. Narrada a dúas voces, «Xoaniña de Deus» é a historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer que necesita seguir viva. Amor, drama e un pouco de humor forman parte dun círculo de lembranzas que ela mesma debe pechar antes de que a súa memoria se apague para sempre.

9788411101707


Vida real
Alzhéimer
Terceira idade
Deterioro cognitivo

82-N

Coa tecnoloxía Koha