López Sández, María

A noite da deusa / María López Sández - 1ª ed., 1ª imp. - Vigo : Galaxia , 2020 - 214 p. ; 21cm - (Costa Oeste (Galaxia)) .

Unha comunidade secreta traballa desde tempos antigos para construír prezados obxectos que outorgan poder ás mulleres.
Vestidos tecidos en antigos aquelarres, alfaias feitas con metais e pedras semidivinas foron pasando de xeración en xeración co máximo secretismo. Se os sete obxectos máxicos se xuntan no día do solsticio no espazo sagrado das antigas deusas, unha conxunción de forzas dará orixe a unha nova era en que por fin as mulleres camiñarán ao lado dos homes. Pero Andros, o vello feiticeiro, conspira para evitalo. Só cando os sete obxectos máxicos estean xuntos sobre a mesma muller poderán ser vulnerábeis á destrución.


978-84-9151-469-5


Narrativa galega
Literatura en galego--s. XXI

087.5:821.134-31"20"